Algún día tiña que ser……. fun safando, pero cando vin acercarse a Anxel con cara de “crónica”, pensei, xa me tocou….
Fomos aparecendo uns diante dos outros no punto de partida, que coma sempre foi na Casa Da Cultura do Valadouro. Atópome coa grata sorpresa de ver caras novas no grupo. Quedábanos Dora que subiu en Viloalle e fixo honor ós debuxos porque cando apareceu houbo quen cariñosamente de chamou “Dora la exploradora”. Xa con todos no autobús tiramos cara a Meira encontrándonos con vacas e bestas bravas na Cruz da Cancela, incluso houbo que apuntou a pasar pola feira de artesanía do ferro que se celebraba en Riotorto porque quería comprar uns fouciños, que alí hainos e ben bos.
Como hai que comezar con forza, qué mellor cun café con gotas e uns sobaos. Ó chegar ó Pedregal (sitio distinto) onde din que nace o río Miño, hai que sacar a foto de rigor……....e tira millas, ¡¡¡todos/as pra arriba!!! A ruta empeza con ganas, xa que en 700m salvamos un nivel de aprox. 200m con O Pedregal á nosa esquerda. Comentaba que era un sitio distinto, e tanto, pero de onde saíron esas pedras!!! parece que as bascularon dende arriba. Curioso lugar. Ó chegar arriba as vistas son preciosas, por un lado da serra pódese ver Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e os Ancares e polo outro Meira, Vilalba e As Pontes entre outros pobos, incluso dixeron que en días claros, cara ó norte, víanse as torres de Foz. O dito, as vistas son do mellor da ruta.
Mentres camiñamos polo chao do monte, acompañados polo parque eólico, vamos amañando o mundo e filosofando da vida. Da gusto encontrarse con xente que merece a pena.
Hai que facer unha parada pra repoñer forzas, e despois dun pinar e dun curro no lugar de Espido (pero nos con todo posto, lindeza que sobraba) sentamos ó carón dunhas vacas a repostar. Pero o mellor estaba por chegar, o salto da Mexadoira. Pra baixar a ela hai que agradecer a quen tivo a xenial idea de colocar unhas cordas para agarrarse, porque senón, tanto pra subir, coma pra baixar, había ter que ver……
Na Mexadoira, salto duns 15m, entre a espectacularidade do sitio e as fotos que quitamos os que nos gusta a fotografía, tivemos un tempiño alí contemplando o lugar, e non é pra menos, porque pra min foi o lugar máis salientable da ruta.
Seguimos subindo un pouco máis, porque iso si, a ruta longa no é pero subidas e baixadas ten para tódolos gustos. Ó chegar ó cruce que marcaba a metade da ruta, sempre que se fixese a de 17km, decidiuse atallar pola Louseira, xa era tarde e a fame comezaba a apertar. Na Louseira esperábanos o autobús e unha taberna, que sempre é de agradecer.
Quedoume a gana de facela completa pero ó ser unha ruta ben sinalizada, en calquer momento poño a mochila ós hombros e o gorro de cowboy (neste caso sería cowgirl) e a camiñar…..
Pero despois dunha boa ruta chega o xantar e unha sopiña quente e un asado casero repón a calquera. Xa estamos pra outra. O malo foi que no nos avisaron de levar o bañador e facíamos uns largos na piscina que tiñan na casa rural.
Aquí remata a ruta pero pensando na seguinte. Xa falta menos.
Un domingo primaveral, natureza, amigos e deporte……qué máis se pode pedir?
Inma.
lunes, 18 de abril de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)